O alumnado que desexe realizar este programa de doutoramento presentará a súa solicitude segundo determinen as normativas, procedementos e calendarios da Universidade de Vigo na convocatoria da matrícula anual.

Criterios de Admisión

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento é a responsable da admisión dos candidatos ao programa.
Utilizaranse os seguintes criterios, que se indican ordenados por orde de prioridade e que se empregarán unha vez que a comisión académica haxa dado por correcta o enchemento dos requisitos de acceso (mestrado relacionado con ETUSIA ou mestrado non relacionado pero con complementos de formación):

  1. Compromiso previo dun investigador para a dirección da tese de doutoramento.
  2. Expediente académico e nota do mestrado que dá acceso ao programa de doutoramento.
  3. Experiencia investigadora previa, tanto durante o mestrado como noutras situacións, valorándose a correspondencia entre os traballos realizados e as liñas de investigación do programa.
  4. Resultado da entrevista, que se utilizará para valorar o grao de motivación para as tarefas investigadoras.
  5. Adecuación da formación ao perfil do programa.
  6. Nivel de inglés e de castelán.

Procedemento de admisión

Se o número de estudantes con compromiso de dirección de tese doutoral é inferior ao de prazas ofertadas, admitiranse todas as solicitudes. Se o número fose superior, pasarase a ordenar os estudantes en función do segundo criterio (cualificacións obtidas polo estudante), admitindo a aqueles que teñan mellores cualificacións. O resto de criterios utilizarase en caso de empate seguindo a orde establecida. A valoración dos apartados 3, 4 e 5 faraa a Comisión Académica e a do apartado 6 virá dada pola documentación presentada polo estudante.

Finalizado o período de solicitude, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento publicará unha listaxe preliminar de admitidos no prazo prefijado, comunicándoselles no mesmo listado os nomes dos titores asignados e os complementos de formación esixidos, se os houbese.

Os estudantes con necesidades específicas derivadas de discapacidade deberán dirixirse ao coordinador do programa para a resolución dos problemas específicos.

Os estudantes que desexen realizar a tese doutoral con dedicación a tempo parcial deberán xustificalo na solicitude. A Comisión Académica poderá, a solicitude do interesado, cambiar de modalidade de dedicación en calquera dos dous sentidos cando sexa necesario.