Seminario de introdución á investigación |
60 horas |
Obrigatorio |
Mediante videoconferencia, todos os estudantes do programa (tanto a tempo completo como a tempo parcial), acompañados dos seus titores, presentarán un tema fronteirizo relacionado coa tese de doutoramento en fase de realización e discutirase brevemente sobre a mesma nunha contorna multidisciplinar. |
Redacción dun traballo científico e envío a unha revista |
50 horas |
Obrigatorio |
O estudantado (tanto a tempo completo como a tempo parcial) deberá participar de forma activa na redacción de artigos que recollan os resultados da súa investigación con vistas á súa publicación en revistas de carácter científico. |
Presentación do Plan de Investigación |
32 horas |
Obrigatorio |
Ao final do primeiro trimestre, os alumnos de novo ingreso, tanto matriculados a tempo completo como matriculados a tempo parcial, deberán realizar unha presentación do seu plan de traballo ante a Comisión Académica. |
Participación nun congreso científico |
10 horas |
Obrigatoria |
Espérase que os estudantes participen nun congreso internacional da especialidade, sendo recomendable participar en tres congresos ao longo do período de realización da tese de doutoramento (un congreso para estudantes matriculados a tempo parcial). |
Estadías no estranxeiro |
80 horas |
Opcional |
En función do previsto polo director de tese, animarase a todos os estudantes a completar a recollida de datos da súa tese cunha estadía nun laboratorio estranxeiro de polo menos seis meses (tres meses para estudantes matriculados a tempo parcial). |
Actividades de formación transversal |
20 horas |
Opcional |
O titor e o director da tese poderán recomendar ao estudantado a participación nas actividades formativas transversais organizadas pola EIDO que sexan máis recomendables. Ademáis, a Comisión Académica organizará cada ano diferentes actividades, en función das deficiencias mostradas polo estudantado e ás que poderá matricularse. |