Centrándonos no sector científico-profesional de I+D+i, merece a pena destacar o bo aliñamento dos investigadores incluídos coas prioridades establecidas na Estratexia Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, o que se testemuña polo feito de que todos os grupos peticionarios gozan na actualidade de proxectos do Plan Nacional, tanto na súa vertente agrícola como na relacionada co Medio Ambiente, sendo considerados grupos de excelencia a nivel galego.

Tamén merece a pena apuntarse o bo lugar da Universidade de Vigo a nivel nacional en canto a publicacións e impacto nos ámbitos de ciencias agrarias, forestais e ambientais, nos que se atopa entre as 5 mellores universidades.

En resumo, é interesante seguir formando investigadores nos campos incluídos no programa tanto para a súa vinculación con universidades, como con OPIs e con centros tecnolóxicos. En Galicia existen varios centros que demandan doutores con este perfil, aínda que o nivel acadado ata agora polos nosos doutores fainos capaces de competir globalmente.