A presente proposta consiste nunha adaptación dun programa preexistente, aproveitando os cambios normativos para fortalecelo e amplialo tanto en canto a liñas de investigación como en canto a participantes. Os puntos fundamentais son a ampliación de equipos, incluíndo varias áreas de coñecemento novas e ampliando as existentes, a colaboración intensa coa Misión Biolóxica de Galicia (CSIC) e a incorporación de novos centros nos que se desenvolve investigación de temáticas relacionadas.

Orixinalmente o Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo dispuxo dun programa de doutoramento titulado “Agrobioloxía Ambiental” que obtivo a mención de calidade. Neste programa xa participaban a maioría de investigadores que participan no programa actualmente en vigor, e mesmo algúns dos investigadores que, non estando actualmente no programa, incorpóranse agora. Por último, tamén se incorporan novos investigadores que nunca participaron nas propostas anteriores. Tanto no caso dos investigadores que xa participaban como no dos novos mantéñense os mesmos criterios esixentes de selección por curriculum vitae investigador.

O programa actualmente en vigor, con título idéntico a esta nova proposta “Ecosistemas terrestres, uso sustentable e implicacións ambientais” obtivo a mención cara á excelencia.