As condicións, procedementos e prazos para a tramitación da defensa da tese de doutoramento na Universidade de Vigo están establecidas no seu Regulamento de Estudos de Doutoramento (modificado en Consello de Goberno de 7 de febreiro de 2017). Toda a información relativa a este procedemento está dispoñible na páxina web da Escola de Doutoramento.

Inclúese información respecto de:

Guía: etapas para a presentación da tese de doutoramento

 
Unha vez presentada unha tese de doutoramento ante a Comisión Académica, esta xulgará se os méritos incluídos na mesma e o traballo presentado merecen a autorización para a continuación do procedemento. En todo caso será condición suficiente a inclusión en devandita tese de dous traballos publicados en revistas incluídas no JCR. Así mesmo velará porque a composición dos tribunais sexa correcta e os investigadores convidados ao mesmo sexan investigadores de prestixio no campo de traballo.