Inicio

Programa de Doutoramento en Ecosistemas terrestres, uso sustentable e implicacións ambientais

 
 
 

 

O Programa de Doutoramento en Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais (ETUSIA) proposto pola Universidade de Vigo pretende contribuír a encher un espazo baleiro ata o momento que inclúe ás liñas de investigación nas que se relacionan o solo e os organismos vivos, cunha especial incidencia nas relacións solo-planta.

No programa proposto combínase o potencial dos grupos participantes noutros programas de doutoramento previos; en particular, oito membros do equipo da Universidade de Vigo proceden do Programa de Doutoramento en Tecnoloxía Ambiental desa universidade, distinguido a partir do curso 2006/07 coas mencións de calidade e cara á excelencia do Ministerio de Educación.

Así mesmo, este novo programa de doutoramento obtivo a mención de excelencia.