Procedemento de matrícula
Se o número de estudantes con compromiso de dirección de tese doutoral é inferior ao de prazas ofertadas, admitiranse todas as solicitudes. Se o número fose superior, pasarase a ordenar os estudantes en función do segundo criterio (cualificacións obtidas polo estudante), admitindo a aqueles que teñan mellores cualificacións. O resto de criterios utilizarase en caso de empate seguindo a orde establecida. A valoración dos apartados 3, 4 e 5 faraa a Comisión Académica e a do apartado 6 virá dada pola documentación presentada polo estudante.
Finalizado o período de solicitude, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento publicará unha listaxe preliminar de admitidos no prazo prefijado, comunicándoselles no mesmo listado os nomes dos titores asignados e os complementos de formación esixidos, se os houbese.
As e os doutorandos admitidos nun programa de doutoramento matricularanse, de ser o caso, nas actividades formativas determinadas pola CAPD e anualmente polo concepto de tutela académica do doutoramento, tras a avaliación positiva da CAPD, na portal da UVigo:
A matrícula de tutela académica outórgalle ao doutorando/a o dereito á titoría académica, ao uso dos recursos necesarios para desenvolver o seu traballo e á plenitude de dereitos previstos pola normativa ara o estudantado de doutoramento.
Matrícula a tempo parcial
O estudantado de doutoramento poderá matricularse a tempo completo ou a tempo parcial. Para esta última modalidade, será requisito indispensable a condición de doutorando/a a tempo parcial outorgada pola CAPD. Esta condición solicitaráselle á CAPD mediante os documentos xustificativos.
Para a condición de doutorando a tempo parcial, teranse en conta motivos de carácter laboral, familiar ou persoal.
O cambio de modalidade de matrícula poderá solicitarse nos períodos de matrícula ordinarios, condicionada ao informe favorable da CAPD, e extraordinariamente noutros períodos por modificacións das circunstancias laborais, familiares ou persoais do doutorando/a.
De modo xeral, a porcentaxe do alumnado que realiza o doutoramento a tempo parcial neste programa non debería superar o 30% do total do estudantado matriculado.