Centrándonos no sector científico-profesional de I+D+i, merece a pena destacar o bo aliñamento dos investigadores incluídos no programa coas prioridades establecidas na Estratexia Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, o que se testemuña polo feito de que todos os grupos integrados no programa gozan na actualidade de proxectos do Plan Nacional, tanto na súa vertente agrícola como na relacionada co Medio Ambiente, sendo considerados grupos de excelencia a nivel galego.
O Programa de Doutoramento ETUSIA ten como finalidade formar profesionais altamente cualificados preparados para cubrir a demanda do crecente número de empresas relacionadas cos sectores agrícola, forestal e de medio ambiente en Galicia e en España e que sexan quen de realizar unha tarefa investigadora de calidade e con proxección internacional.
Unha vez rematado o doutoramento, o ámbito laboral do persoal investigador pode atoparse tanto no sector privado coma no sector público, no que destacan os Organismos Públicos de Investigación (OPIs) e as universidades. En concreto, o persoal investigador pode:
- Realizar unha estadía posdoutoral, é dicir, traballar nunha institución académica investigando de forma temporal, ben sexa nacional ou estranxeira, para avanzar na súa carreira investigadora e especializarse nun sector determinado.
- Investigar e dar clases na universidade, xa sexa pública ou privada.
- Traballar nunha empresa privada en departamentos de I+D+i (empresas de medición do impacto ambiental, empresas relacionadas co sector agrícola, empresas de xestión forestal, etc.).
- Traballar en empresas e institucións públicas (empresas de realización de proxectos ambientais, servizo de calidade e medio ambiente dos concellos, etc.).
- Crear spin offs, empresas por parte das persoas investigadoras, ou participar en proxectos de auto-ocupación.
Máis información sobre os programas pos-doutorais e o emprego institucional pode atoparse nos seguintes enlaces:
Programas posdoutorais
Programa Juan de la Cierva “Formación”