A Comisión Académica do Programa de Doutoramento é a responsable da admisión dos candidatos ao programa.

Utilizaranse os seguintes criterios, que se indican ordenados por orde de prioridade e que se empregarán unha vez que a comisión académica haxa dado por correcta o enchemento dos requisitos de acceso (mestrado relacionado con ETUSIA ou mestrado non relacionado pero con complementos de formación):

  1. Compromiso previo dun investigador para a dirección da tese de doutoramento.
  2. Expediente académico e nota do mestrado que dá acceso ao programa de doutoramento.
  3. Experiencia investigadora previa, tanto durante o mestrado como noutras situacións, valorándose a correspondencia entre os traballos realizados e as liñas de investigación do programa.
  4. Resultado da entrevista, que se utilizará para valorar o grao de motivación para as tarefas investigadoras.
  5. Adecuación da formación ao perfil do programa.
  6. Nivel de inglés e de castelán.

 

Estudantes con necesidades educativas específicas

No caso dos estudantes con necesidades educativas específicas, estes contarán no proceso de admisión cun asesor académico nomeado pola Comisión Académica. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento analizará de forma particular os casos dos alumnos con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade e nomeará un titor do alumno para axudarlle a garantir a adquisición das competencias propias do nivel de doutoramento.
Se é necesario a Comisión Académica recibirá un informe do titor e adaptará os servizos de apoio e asesoramento necesarios que avaliarán a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.