Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Obxectivos

  • Formar investigadores/as con boa base científica e criterio adecuado, na selección de solucións a problemas relacionados en maior ou menor medida coas áreas de Ecosistemas Terrestres, Uso Sostible e Implicacións Ambientais.
  • Formar investigadores/as que poidan acceder con facilidade ao mercado laboral, tanto no ámbito nacional como internacional.
  • Fortalecer a colaboración entre as universidades nacionais, de forma que esta iniciativa poida transformarse en xerme dunha colaboración e cooperación máis ampla e estable entre todas as universidades que comparten esta área xeográfica.
  • Fomentar o intercambio entre universidades no ámbito internacional, de forma que poida construírse unha rede estable de cooperación e intercambio de coñecemento a través da cal poidan canalizarse outras iniciativas.
  • Formar doutores/as capacitados/as para iniciar unha carreira académica que garante, na Universidade, tanto a calidade docente e investigadora como a permanente renovación nos campos de Ecosistemas Terrestres, Uso Sostible e Implicacións Ambientais.

Competencias

Competencias básicas

(RD 99/2011 modificado por RD 576/2023)

  • CB1 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito ámbito.
  • CB2 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
  • CB3 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
  • CB4 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  • CB5 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
  • CB6 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
  • CB7 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.

Capacidades e destrezas persoais

(RD 99/2011)

  • CA1 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
  • CA2 - Atopar as preguntas crave que hai que responder para resolver un problema complexo.
  • CA3 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
  • CA4 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
  • CA5 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
  • CA6 - A crítica e defensa intelectual de solucións.