Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Todas as actividades formativas do programa impártense na aula ou o salón de grao da Facultade de Bioloxía do campus de Vigo no que se dispón tamén da conexión á aula virtual propia da UVigo. No caso da actividade “Seminario multidisciplinar sobre as liñas de investigación do programa”, os/as investigadores/as participantes dispoñen dos seus laboratorios de investigación para organizar o seminario de investigación e obradoiro de metodoloxía científica (e.j. Grupo Agrobioloxía Ambiental: Calidade, Solos e Plantas, Grupo Xenética e Mellora de Millo, Grupo Ecoloxía Evolutiva, Grupo Ecoloxía Animal).

Todos/as os/as estudantes do programa teñen acceso ás Bibliotecas Centrais de Vigo, Ourense e Pontevedra, a Biblioteca de Ciencias Experimentais, así como o servizo en liña da biblioteca universitaria.

Os/as doutorandos/as contan con infraestruturas, material informático e bibliográfico nas sedes das facultades de Bioloxía e Ciencias do Mar do campus de Vigo, de Forestais do campus de Pontevedra, e de Ciencias do campus de Ourense, e teñen acceso aos recursos dos grupos de investigación nos que se integran. Contan tamén cos recursos materiais da Misión Biolóxica de Galicia, en Pontevedra, pertencente ao CSIC.

Existe unha coincidencia total entre a dotación dos laboratorios, a experiencia dos/as directores/as de teses e a existencia de proxectos financiados nas liñas que se ofrecen, co que desde o punto de vista xeral ningunha tese que comece debería ter dificultades materiais insalvables. O alumnado mostra un elevado grao de satisfacción cos mesmos.

O programa asigna a todos/as os/as estudantes un/a titor/a que actúa como mentor persoal ao longo do período de realización da tese de doutoramento. Ademais, a coordinadora do Programa de Doutoramento comprométese a manter contactos cos/as estudantes como fixo ata o de agora, a través de todos os medios posibles como correo electrónico, teléfono e titorial, para que teñan todas as informacións necesarias en relación coa formación, a realización e o depósito da tese e o recurso.