Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Actividade Duración Carácter Descrición
Seminario de introdución á investigación 16 horas Obrigatorio Mediante seminario presencial, os/as estudantes de primeiro ano aprenderán como iniciar e organizar a súa investigación de tese. Esta actividade consiste en seminarios sobre os seguintes temas:
  1. Que se espera dun doutorando o primeiro ano
  2. A carreira dun investigador
  3. Sistemas de avaliación e situacións concretas: doutoramento internacional, doutoramento por artigos, premio extraordinario
  4. Como dar unha charla de 15 minutos
  5. Como organizar un bo poster
  6. Como preparar un proxecto de investigación
  7. Sistemas de medida da investigación (índices, factores de impacto)
  8. Ética científica, plaxio, autoría nos artigos científicos
Seminario multidisciplinar sobre as liñas de investigación do programa 20 horas Obrigatorio Esta actividade realízase conxuntamente mediante seminarios presenciais e obradoiros de investigación. O obxectivo principal desta actividade é que os/as estudantes amplíen o seu coñecemento sobre as liñas de investigación e as metodoloxías en diferentes áreas.
Obradoiro de escritura científica 20 horas Obrigatorio Esta actividade transversal está organizada polo programa de doutoramento ETUSIA. Esta actividade realízase conxuntamente mediante seminarios presenciais e obradoiros interactivos. O obxectivo principal desta actividade é que os/as estudantes entendan o sistema actual de publicación científica e a ética de publicación e aprendan como redactar un bo artigo científico.
Congreso nos campos das ciencias agrarias e ambientais 48 horas (12 horas x 4 cursos) Obrigatorio O obxectivo principal desta actividade é asegurar que os/as alumnos/as progresen correctamente na investigación de tese desde a planificación do proxecto ata a comunicación de resultados. Os/as alumnos/as de novo ingreso presentarán o seu plan de investigación ante a Comisión Académica e outros participantes. Os/as alumnos/as do segundo ao último ano de doutoramento presentarán no congreso os resultados da investigación da tese de doutoramento. Tras cada presentación, abrirase unha breve sesión de preguntas e comentarios.
Estadía nun laboratorio estranxeiro 80 horas Optativo En función do previsto polo/a director/a de tese, animarase a todos os estudantes a completar a recollida de datos da súa tese cunha estadía nun laboratorio estranxeiro de polo menos tres meses.
Redacción dun artigo científico e envío a unha revista 50 horas Obrigatorio O/a director/a de tese supervisará a todos os/as alumnos/as a escritura dun artigo científico ou máis, seguindo as normas específicas dunha revista da especialidade. Devandito artigo estará baseado nas investigacións orixinais da tese de doutoramento en curso e deberá enviarse a unha revista científica indexada.
Actividades de formación transversal Variable Optativo O titor e o director da tese poderán recomendar aos seus alumnos a participación nas actividades que sexan máis adecuadas. A Comisión Académica tamén recomendará algunhas actividades transversais, en función das deficiencias mostradas polos estudantes en cada curso.